CONSELLO EVANXÉLICO DE GALICIA

Diante do tráxico accidenté ferroviario que onte bateu a nosa Terra, e que resultou nun altísimo número de vítimas mortáis e de feridos, o Consello Evanxélico de Galicia, entidade representante dos evanxélicos de Galicia, en nome de todas as igrexas, entidades e crentes de fe evanxélica da nosa Terra, queremos transmitir o noso mais sentído pésame ós familiares dos finados, a nosa solidariedade e apoio a todolos afectados, así como o desexo dunha pronta recuperación para os feridos.

Facemos, tamén, unha oferta de solidaridade e apoio ás autoridades, a todo o personal implicado nesta traxedia: médicos e asistentes, bombeiros, policía e protección civil, psicólogos e demáis implicados nos traballos de rescate e asistencia dos afectados, así como a todolos nosos concidadans de Santiago e a sua comarca, que de forma tan exemplar teñen respostado a esta situación de emerxencia.

Seguimos a ofrecermos para todo aquilo que poda ser preciso, pois este triste suceso nos afecta como galegos e como crentes.

Queremos manifestar que os crentes evanxélicos estamos a orar dende o
mesmo momento que tivemos coñecemento do suceso, pedimoslle a Deus que a sua sobrenatural consolación, a sua esperanza, e a paz do noso Señor Xesuscristo poda alcanzarnos a todos, en Santiago e no resto de Galicia.

Seus en Cristo.

Alejandro Javier Romero Martín – Presidente

David Rego Fernández –  Secretario Executivo

Foto: ElMundo.es
28 Jul '13

Hay 1 Comentario.

  1. batman
    11:09 pm julio 29, 2013

    No quiero ni imaginarme el sufrimiento de las familias de quienes murieron en este accidente. La verdad es que son imágenes muy fuertes las que hemos visto de este hecho. Dios se apiade de los heridos que siguen luchando y de las familias de todos quienes murieron por la imprudencia de uno varios, cosa que aun no está clara.

Deja un comentario

*