OPINIONES EN OTRAS LENGUAS


OPINIONES EN OTRAS LENGUAS
 
O masacre cotián de Bagdad levanta protestas contra a intransixencia relixiosa: esa barbaridade baséase nas diferenzas entre xiís e sunís, irmáns de relixión. Velaí o escándalo. Mais ás veces cómpre ollar para o embigo, revisar a historia próxima e, logo diso, xulgar comportamentos alleos…

Segundo contan os sobreviventes á regra nacional-católica, e segundo escribe o profesor Máximo García Ruiz en La libertad religiosa en España, un largo camino , a presión internacional obrigou ao franquismo a aliviar o castigo continuo aos protestantes españois. O réxime, véndose entre a espada e a parede, cedeulle o asunto ao ministro de Exteriores, como se afectase só aos estranxeiros que en España facían prácticas impropias da «Religión Única y Verdadera».

O camiño foi longo e cheo de aventuras, desde un humilde estatuto especial para protestantes a unha Lei de Liberdade Relixiosa que pasaría trámites nas Cortes en 1967. De nada valeu o ecumenismo do Concilio Vaticano II. Os vencedores da Cruzada non podían deixar respirar os disidentes, e os recortes da lei, xa tímida, farían seguir na clandestinidade moitos partidarios da Reforma afogada pola hispánica Contrarreforma.

Os procuradores franquistas non se coutaron no falar. Con dúas frases -entre moitas das súas señorías ao respecto- logo se percibe o ambiente daquela: «El protestantismo es siempre funesto y se llega a la conclusión de que los protestantes, o son masones o son rojos»… «Si fuera necesaria la Inquisición, será restituida».
La Voz/ Por Xavier Alcalá / www.iglesiaenmarcha.net

20 Feb '07

Deja un comentario

*